Non hai moitos días que falaba do orgullo que significaba ter unhas Escolas e un Club de Patinaxe sobre Rodas, na parroquia viguesa de Valladares. Pois, para non levarme a contraria, non se lles ocorre mellor método que demostralo no Pavillón Municipal das Travesas (Vigo), onde acaban de participar na I Copa de España de Grupos de Show.
Esta é unha modalidade de patinaxe artística sobre rodas que practícase en grupo e ten como carácter diferenciador a súa vertente de espectáculo. Trátase pois dunha coreografía que representa un tema ou unha historia que, axudándose doutras disciplinas (como por exemplo o teatro ou a danza) ten que transmitir esta idea. A duración dunha coreografía de Show ten que ser dun mínimo de 3'50" e un máximo de 5'10", empezando a contar o tempo desde que se executa o primeiro movimento.
Volvendo ó que estábamos, o Club VALLADARES participou en Grupos Grandes -venres, 1 de abril- que son os compostos por máis de dezaseis compoñentes. Participaron con unha coreografía titulada "Cosmos", onde destacaba o seu vestiario futurista e tamén con elementos de grande dificultade. Con este espectáculo conseguiu un brillante segundo posto, por detrás do Club de Patín Olot e por diante do Club Ánfora. Non debemos esquecer o Club Coruxo, organizador do evento, que non o fixo nada mal, a pesar do pouco tempo que levan nesta modalidade. Logrou ser quinto, polo que conseguiu -xunto a Valladares e Ánfora- o billete para Europa, algo que era o seu gran obxectivo.
Club de Patinaxe VALLADARES. Segundo posto en Grupos Grandes, na Copa de España
Pero aquí non acaba o conto, porque o mellor aínda estaba por vir. Na xornada do sábado, día 2 de abril, participaban os chamados Grupos pequenos, que son os compostos entre seis e doce participantes. O CLUB DE PATINAXE VALLADARES logrou o primeiro posto, ó superar, por unha escasa marxe de puntos, ó Club Ribex, de Porriño. Os vigueses, con "Pájaro de fuego", realizaron un exercicio no que o paxaro rexurde das cinzas, nace no lume e no lume morre. Con esta coreografía o Club Valladares volveu a demostrar que posúe un enorme talento e calidade. Arriscaron ó límite, no seu exercicio e conseguiron o premio desexado.Os porriñeses estiveron moi concentrados e con opcións, logo confirmadas, de estar entre os mellores. Tamén debemos destacar o Club C.A.R.P.A. que con "Tentación" foi outro dos protagonistas da xornada, xa que conseguiron clasificarse en cuarto lugar.
Aínda non acaba aquí o conto, porque nos falta modalidade de cuartetos, onde o mellor equipo galego foi o Alquimia de Carral, que subiu o podio gracias a súa coreografía "Como dos gotas de agua". O Club Valladares ocupou a cuarta posición, completando así dúas xornadas de indudable éxito, quitándose esa espiña cravada que tiñan desde o pasado Campionato de España, onde todo se lles puso en contra. O final, o bo traballo sempre queda recompensado. Pero isto non acaba aquí porque hai que seguir preparándose para poder participar con garantías no próximo Campionato de Europa.
Noraboa e moita sorte para os vindeiros compromisos!!.
Gracias a xente coma vós podemos presumir de pertencer a unha parroquia, VALLADARES, sempre dinámica e laboriosa.
.