A RONDALLA DE VALLADARES
Un pouco de historia
A
Rondalla de Valladares ten tamén moita antigüidade. Lembremos que antes da
Guerra Civil xa existiu unha, que fora retomada da man de Regino Figueroa e os
seus compañeiros. Nesas antigas orixes a agrupación saía da Escola e, dende
logo, non tiña nada que ver coa actual, cos seus abandeirados e as súas
“majorettes”.
Despois
desta Rondalla houbo varios intentos por crear outras formacións, pero todas
elas foron efímeras. Nunha ocasión o preparador foi Juan Figueroa “Juanito, o carteiro”, o
acordeonista. Os ensaios realizábanse daquela no Salón de Baile de Edelmiro Barreiro e,
máis tarde, no baixo da casa de Guillermo Davila.
Pero
foi esta unha actividade sen demasiada continuación e, logo, durante bastantes
anos, non se constituíu ningunha agrupación. A partir dos anos setenta esta
actividade pasou a ser organizada polo antigo Teleclub, coa colaboración de algúns
músicos da Banda, sendo Antero Piñeiro o seu director, durante algúns
anos.
O percorrido partía por aquel entón das Barrocas, subía pola Cacheira, bordeaba a Igrexa Parroquial e baixaban ata o Teleclub. Sendo director Cándido Piñeiro Davila “Caseiro” percorreuse Vigo, cos Reis Magos montados a cabalo (Manolo “O Ferrador”, Darío “O Zapateiro” e Rogelio Cabezas). En todos estes anos pasaron varios directores, entre os que merecen figurar Antero, Carlos (neto de don Hermindo), Antonio Costas Pérez "Lero", Marga e na actualidade Diego.
No tocante aos abandeirados, un dos máis
antigos foi Manolo “O Bugallal”. Os que inauguraron esta tradición na parroquia
de desfilar con bandeiras, representando ao Teleclub foron: Eduardo Monroy,
Sergio Davila e Alfonso Lorenzo. Nesta actividade houbo un punto álxido, onde
se creou escola da man de Marcelino “O Ferreiro”. As
“majorettes” que se introduciron por iniciativa de Delio Guisande, aínda que
nun principio foron moi criticadas, na actualidade son imitadas tamén noutras
rondallas, e constitúen un atractivo das mesmas. A primeira capitana foi Paula
Fontán, despois seguiríanlle Marta Figueroa, Rosana Figueiras e Débora Davila,
entre outras.
Por
seguir dando algúns nomes máis, que foron facendo historia na Rondalla,
poderiamos citar a Paulino “dos Bértolos”, Eugenio “do Souto” e Amador “da
Cacheira”, que se retirou moire centemente, pouco antes do seu falecemento. Poderíamos seguir con Manolo “O
Necha” en pandeiretas, e un longo etc.
Co
tempo, os músicos da “Unión Musical” fóronse facendo co groso dos instrumentos.
Entre eles estiveron Maximino Iglesias e Saladino Costas coas súas tubas, que
xa participaran con anterioridade en outras formacións deste tipo. A tuba é un
dos instrumentos máis duros para unha rondalla, xa que o seu peso é moi
elevado, por iso ambos se retiraron antes da Rondalla que da Banda.
Aínda que a Banda de Música reforza musicalamente a composición da Rondalla, hai bastantes persoas que só participan nesta última, e que acoden a todos os ensaios que se fan dende setembro, para ser os mellores do Certame que se celebra na propia parroquia, o Día de Reis.
Aínda que a Banda de Música reforza musicalamente a composición da Rondalla, hai bastantes persoas que só participan nesta última, e que acoden a todos os ensaios que se fan dende setembro, para ser os mellores do Certame que se celebra na propia parroquia, o Día de Reis.
Nestes
dous últimos anos desapareceron as majorettes e incorporáronse as mulleres o
grupo de abandeirados que, ata entón, era exclusivamente masculino.
Curiosidades da vida, levan dous anos gañando o concurso da abandeirados do
Certame que organiza a Deputación nas instalacións do IFEVI. Ademais, en
xaneiro de 2012, conseguiron o 3º posto en Rondallas, neste mesmo concurso.
Isto quere dicir que se está a volver polo sendeiro correcto, despois duns
poucos anos de “vacas fracas”. Ben é certo que antes ensaiábase bastante menos.
En fin,
que esperamos que a Rondalla do C.V.C. de Valladares volva a ser unha auténtica
referencia da nosa parroquia, cando chegan as festas do Nadal. Isto non é
ningunha “fachendada”, pois hai que lembrar que os premios acadados durante as
décadas dos 80 e 90 son innumerables, aínda que tamén é certo que a calidade
das rondallas mellorou moitísimo nos últimos anos.