martes, 16 de julio de 2013

A Romaría da Virxe do Alba, en Valladares (VIGO)

  • ROMARÍA DA VIRXE DO ALBA E SAN BARTOLOMEU

   Falar desta romaría implica ir moi atrás no tempo. É unha celebración moi interesante tanto polo lugar onde se realiza como pola tradición da romaría en si mesmo.
  Celébrase na capela emprazada no Monte Alba (Valladares-VIGO), un cumio situado a 503 metros de altitude, o segundo monte máis alto da parroquia.

   Dende tempos moi antigos, os festexos solemnes comezan no día 15 de agosto, cando as imaxes da Virxe do Alba e a de San Bartolomeu son trasladados dende a igrexa parroquial ata a ermida. Antes de ter a pista asfaltada, estas imaxes levábanse ás costas por camiños ben difíciles. É o día grande da romaría. Tal e como soe acontecer neste tipo de celebracións, ata hai poucos anos, os ofrecidos tiñan por costume subir con hábitos penitenciarios, descalzos ou de xeonllos, detrás da procesión
  
  O día 24 dese mesmo mes, celébrase a festividade de SAN BARTOLOMEU. Condúcese á Virxe do Rosario, dende a igrexa ata a capela, pasando polos lugares de A Pena e Bértolos e con parada no cruce da Pinguela, xunto diante do actual cemiterio parroquial. Antigamente, nese mesmo día baixábanse tamén os santos que xa estaban na capela e, producíase un encontro de todos eles na chamada “casa das novenas” (un pequeno inmoble próximo ao santuario), onde se facía o saúdo ritual. Actualmente, este saúdo faise diante da capela. Entre as tradicións que aínda hoxe se manteñen, despois de escoitar misa, os romeiros asistentes cumpren o rito de recibir tres golpes (croques) na testa coa esfinxe de madeira de San Bartolomeu, coa crenza de que así perderán o medo ou na curación dos tatexos.
 Neste día de San Bartolomeu tamén se continúa mantendo a tradición das "poxas". Os fieis aportan prantas e animais, que se sortean diante da capela, como mostra de agradecemento ó santo. Algúns incluso "regatean" para volver levar para as súas casas a súa propia aportación.


  O ciclo féchase o día 8 de setembro, coa festividade na que se conmemora a Natividade da Virxe. Despois de rodear a capela, báixanse en procesión todos os santos que subiron en días anteriores, para facer un encontro a poucos metros da igrexa parroquial con San Xosé (parece ser que tamén se ten feito con Santo André, patrón da parroquia).
Para a organización desta romaría, no século XIX formábase cada ano unha “sociedade” que estaba presidida por un mordomo (os datos máis antigos que temos dun deles son de 1828), que se encargaba sobre todo do financiamento, saíndo a pedir polas casas. Co tempo, esta figura foi decaendo e, deu paso ás actuais comisións de festas.

    En tempos, foi dunha romaría que tiña unha grande afluencia de persoas, tanto pola grande devoción como polo aspecto festivo. 
    Na posguerra, concretamente, no día de San Bartolomeu, achegábanse ata o lugar grande número de habitantes da península do Morrazo, chegando moitos deles na noite anterior e durmían no santuario. Ao parecer, pintada de branco, co sol a capela brilaba como unha cuncha e, isto levábaos a percorrer todo ese traxecto para asistir a esta celebración. Para os mariñeiros era o faro no que guiarse nos días de néboas baixas.

      Durante varias etapas alternas non houbo ninguén que se quixera facer cargo da organización das festas, e este motivo levou a que se perdese parte da afluencia de crentes. Non obstante, o párroco continuou a contratar uns gaiteiros para amenizar a xornada, polo que nunca se perdeu, ademais do aspecto puramente relixioso, o lúdico-festivo.

  A Romaría celebrouse en ocasións illadas, como en 1981. Foi no ano 1984, cando se formou unha nova directiva: Alfonso Alonso, Laura Comesaña, Teodoro Davila, Isidro Costas, Cristina Rodríguez, Alberto Costas e Albino Iglesias, entre outros. Ó ano seguinte a presidenta foi Laura Comesaña, e o anterior presidente pasou a vocal e o resto dos postos continuaron como estaban. Tras un ano sen festa, en 1987 colleuna Amabel Comesaña e, despois dun novo paréntese, en 1998 e 1999, estiveron Alfonso “da Cacheira”, Carlos González e Alberto Costas. Nos anos seguintes seguiu habendo continuidade e a organización foi cambiando paulatinamente de "cabeza visible", ata que
foi recuperando o seu esplendor, tamén mediante o acondicionamento do entorno da capela. Neste punto está a ser moi importante a colaboración da Comunidade de Montes.


Dende hai uns anos a directiva está capitaneada por Rodrigo Alonso.


lunes, 14 de enero de 2013

Rondalla do Centro Cultural de Valladares (VIGO)

A RONDALLA DE VALLADARES

Un pouco de historia

A Rondalla de Valladares ten tamén moita antigüidade. Lembremos que antes da Guerra Civil xa existiu unha, que fora retomada da man de Regino Figueroa e os seus compañeiros. Nesas antigas orixes a agrupación saía da Escola e, dende logo, non tiña nada que ver coa actual, cos seus abandeirados e as súas “majorettes”.
Despois desta Rondalla houbo varios intentos por crear outras formacións, pero todas elas foron efímeras. Nunha ocasión o preparador foi Juan Figueroa “Juanito, o carteiro”, o acordeonista. Os ensaios realizábanse daquela no Salón de Baile de Edelmiro Barreiro e, máis tarde, no baixo da casa de Guillermo Davila.
Pero foi esta unha actividade sen demasiada continuación e, logo, durante bastantes anos, non se constituíu ningunha agrupación. A partir dos anos setenta esta actividade pasou a ser organizada polo antigo Teleclub, coa colaboración de algúns músicos da Banda, sendo Antero Piñeiro o seu director, durante algúns anos. 

 O percorrido partía por aquel entón das Barrocas, subía pola Cacheira, bordeaba a Igrexa Parroquial e baixaban ata o Teleclub.  Sendo director Cándido Piñeiro Davila “Caseiro” percorreuse Vigo, cos Reis Magos montados a cabalo (Manolo “O Ferrador”, Darío “O Zapateiro” e Rogelio Cabezas). En todos estes anos pasaron varios directores, entre os que merecen figurar Antero, Carlos (neto de don Hermindo), Antonio Costas Pérez "Lero", Marga e na actualidade Diego.
 No tocante aos abandeirados, un dos máis antigos foi Manolo “O Bugallal”. Os que inauguraron esta tradición na parroquia de desfilar con bandeiras, representando ao Teleclub foron: Eduardo Monroy, Sergio Davila e Alfonso Lorenzo. Nesta actividade houbo un punto álxido, onde se creou escola da man de Marcelino “O Ferreiro”.                                      As “majorettes” que se introduciron por iniciativa de Delio Guisande, aínda que nun principio foron moi criticadas, na actualidade son imitadas tamén noutras rondallas, e constitúen un atractivo das mesmas. A primeira capitana foi Paula Fontán, despois seguiríanlle Marta Figueroa, Rosana Figueiras e Débora Davila, entre outras.

Por seguir dando algúns nomes máis, que foron facendo historia na Rondalla, poderiamos citar a Paulino “dos Bértolos”, Eugenio “do Souto” e Amador “da Cacheira”, que se retirou moire centemente, pouco antes do seu falecemento. Poderíamos seguir con Manolo “O Necha” en pandeiretas, e un longo etc.
Co tempo, os músicos da “Unión Musical” fóronse facendo co groso dos instrumentos. Entre eles estiveron Maximino Iglesias e Saladino Costas coas súas tubas, que xa participaran con anterioridade en outras formacións deste tipo. A tuba é un dos instrumentos máis duros para unha rondalla, xa que o seu peso é moi elevado, por iso ambos se retiraron antes da Rondalla que da Banda.
  Aínda que a Banda de Música reforza musicalamente a composición da Rondalla, hai bastantes persoas que só participan nesta última, e que acoden a todos os ensaios que se fan dende setembro, para ser os mellores do Certame que se celebra na propia parroquia, o Día de Reis. 
  Nestes dous últimos anos desapareceron as majorettes e incorporáronse as mulleres o grupo de abandeirados que, ata entón, era exclusivamente masculino. Curiosidades da vida, levan dous anos gañando o concurso da abandeirados do Certame que organiza a Deputación nas instalacións do IFEVI. Ademais, en xaneiro de 2012, conseguiron o 3º posto en Rondallas, neste mesmo concurso. Isto quere dicir que se está a volver polo sendeiro correcto, despois duns poucos anos de “vacas fracas”. Ben é certo que antes ensaiábase bastante menos.
  En fin, que esperamos que a Rondalla do C.V.C. de Valladares volva a ser unha auténtica referencia da nosa parroquia, cando chegan as festas do Nadal. Isto non é ningunha “fachendada”, pois hai que lembrar que os premios acadados durante as décadas dos 80 e 90 son innumerables, aínda que tamén é certo que a calidade das rondallas mellorou moitísimo nos últimos anos.

lunes, 7 de noviembre de 2011

O Club de Patinaxe VALLADARES, segue colleitando éxitos


Patinaxe Artística sobre Rodas
COPA DE EUROPA- 2011
- INFANTIL-XUVENIL FEMININO -

Rotundo éxito das patinadoras do Club Patinaxe VALLADARES  na  Copa de Europa, que se ven de celebrar en Gujan-Mestras (Aquitania-FRANCIA),entre os días 31 outubro e 3 de novembro.

MIRIAM PÉREZ,conseguiu a MEDALLA DE PRATA na categoría Infantil

En categoría Xuvenil, tamén houbo podio para a nosa representante LAURA DOMÍNGUEZ
que conseguiu a MEDALLA DE BRONCE.

Un novo éxito para o Club de Patinaxe VALLADARES,que segue estando, un ano máis, entre os mellores de Europa. Parabéns para as nosas patinadoras ¡!.

martes, 5 de abril de 2011

Un novo éxito para o CLUB DE PATINAXE VALLADARES

  Non hai moitos días que falaba do orgullo que significaba ter unhas Escolas e un Club de Patinaxe sobre Rodas, na parroquia viguesa de Valladares. Pois, para non levarme a contraria, non se lles ocorre mellor método que demostralo no Pavillón Municipal das Travesas (Vigo), onde acaban de participar na I Copa de España de Grupos de Show.
  Esta é  unha modalidade de patinaxe artística sobre rodas que practícase en grupo e ten como carácter diferenciador a súa vertente de espectáculo. Trátase pois dunha coreografía que representa un tema ou unha historia que, axudándose doutras disciplinas (como por exemplo o teatro ou a danza) ten que transmitir esta idea. A duración dunha coreografía de Show ten que ser dun mínimo de 3'50" e un máximo de 5'10", empezando a contar o tempo desde que se executa o primeiro movimento.

  Volvendo ó que estábamos, o Club VALLADARES participou en Grupos Grandes -venres, 1 de abril- que son os compostos por máis de dezaseis compoñentes. Participaron con unha coreografía titulada "Cosmos", onde destacaba o seu vestiario futurista e tamén con elementos de grande dificultade. Con este espectáculo conseguiu un brillante segundo posto, por detrás do Club de Patín Olot e por diante do Club Ánfora. Non debemos esquecer o Club Coruxo, organizador do evento, que non o fixo nada mal, a pesar do pouco tempo que levan nesta modalidade. Logrou ser quinto, polo que conseguiu -xunto a Valladares e Ánfora- o billete para Europa, algo que era o seu gran obxectivo.
Club de Patinaxe VALLADARES. Segundo posto en Grupos Grandes, na Copa de España


Pero aquí non acaba o conto, porque o mellor aínda estaba por vir. Na xornada do sábado, día 2 de abril, participaban os chamados Grupos pequenos, que son os compostos entre seis e doce participantes. O CLUB DE PATINAXE VALLADARES logrou o primeiro posto, ó superar, por unha escasa marxe de puntos, ó Club Ribex, de Porriño. Os vigueses, con "Pájaro de fuego", realizaron un exercicio no que o paxaro rexurde das cinzas, nace no lume e no lume morre. Con esta coreografía o Club Valladares volveu a demostrar que posúe un enorme talento e calidade. Arriscaron ó límite, no seu exercicio e conseguiron o premio desexado.Os porriñeses estiveron moi concentrados e con opcións, logo confirmadas, de estar entre os mellores. Tamén debemos destacar o Club C.A.R.P.A. que con "Tentación" foi outro dos protagonistas da xornada, xa que conseguiron clasificarse en cuarto lugar.

Aínda non acaba aquí o conto, porque nos falta modalidade de cuartetos, onde o mellor equipo galego foi o Alquimia de Carral, que subiu o podio gracias a súa coreografía "Como dos gotas de agua". O Club Valladares ocupou a cuarta posición, completando así dúas xornadas de indudable éxito, quitándose esa espiña cravada que tiñan desde o pasado Campionato de España, onde todo se lles puso en contra. O final, o bo traballo sempre queda recompensado. Pero isto non acaba aquí porque hai que seguir preparándose para poder participar con garantías no próximo Campionato de Europa.  

 Noraboa e moita sorte para os vindeiros compromisos!!.
 Gracias a xente coma vós podemos presumir de pertencer a unha parroquia, VALLADARES, sempre dinámica e laboriosa.

 
.

martes, 22 de marzo de 2011

Club de Patinaxe Artística VALLADARES

Hablar de Valladares (Vigo) es hablar de una población activa y dinámica, como pocas. Y dentro de las muchas actividades de las que se puede enorgullecer es de las Escuelas de Patinaje Artística sobre Ruedas del Centro Vecinal y Cultural de Valladares. Dichas escuelas nutren continuamente al, posiblemente, club de patinaje más laureado de Galicia: CLUB DE PATINAXE ARTÍSTICA "VALLADARES". Es cierto que tenemos las Escuelas de Fútbol y Fútbol Sala, de las que hablaré en otra ocasión, pero no es menos cierto que el Patinaje es el que nos está dando más satisfacciones, en cuanto a galardones deportivos se refiere. Sólamente hay que desearles suerte para los próximos años, aunque esa -la suerte-, sin sacrificio, difícil será que venga por sí sola. Las monitoras, Ana Santomé y Tamara Valderrama -recientemente retirada, con un gran palmarés en su trayectoria deportiva-, seguirán encargándose del timón de ese hipotético barco que nos va a llevar siempre a buen puerto.
 
                                            Componentes del Club, en el año 1997
                        Una de las más jóvenes patinadoras. Fin de Curso 2010
         La sección más novedosa del Club: Grupos de Show. En apenas tres años ya han conseguido infinidad de premios. En el último Campeonato de España, celebrado en Alcoy, tuvieron una muy dignísima actuación, aunque sin las ansiadas medallas.

Un bellísimo recuerdo para algunas de las primeras patinadoras, allá por el año 1994.
Una de ellas, Ruth Cameselle, aún continúa en activo.

viernes, 11 de marzo de 2011

COMO PASA O TEMPO!

Festa de antigos alumnos
do Colexio Igrexa-Valadares


O pasado 7 de maio de 2010 celebrouse a 1ª Festa dos antigos alumnos do Colexio Igrexa-Valadares.
 Como se pode comprobar no documento gráfico, xuntáronse mozos e mozas de varias xeracións.
Aínda que a participación non foi tan exitosa como se agardaba, a intención é a de repetir experiencia.

jueves, 10 de marzo de 2011

CARNAVAL, CARNAVAL...!!

El carnaval se acaba y llega la Cuaresma. Don Carnal nos ha dejado estos recuerdos de la parroquia de Valladares, en este año 2011