Se unha persoa nace en Valladares ten a sorte de pasar a ser alguén "importante".
O certo é que estamos a falar dunha parroquia dinámica e emprendedora, con un Centro Cultural que acaba de cumprir 40 anos. Son 1600 asociados, maioritariamente da parroquia, que poden gozar que actividades de todo tipo: culturais, sociais, deportivas,... O dito, un auténtico luxo vivir nesta parroquia da cidade de Vigo.
Tratarei de ir mostrando o que foi e o que é Valladares. A mellor forma de facelo é con imaxes fotográficas de toda índole, para que se vexa que SE PRESUME PORQUE SE PODE.
Non o tomedes como unha "fantochada". Xa sabedes que... "o movemento demóstrase andando". Pois iso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario